Clausura dun obradoiro laboral para a mocidade en Monforte

No obradoiro que hoxe se clausurou participaron un total de 15 menores de 30 anos, que recibiron cualificación e obtiveron un posto de traballo en carpintería e xardinería, concretamente nas especialidades de carpintería e moble e mantemento de xardíns e zonas verdes.

A iniciativa, desenvolta en colaboración a Xunta e o Concello de Monforte de Lemos, contou cun orzamento total de máis de 140.000 euros. A través deste obradoiro de emprego, realizouse o acondicionamento do espazo medioambiental de Cobas, consistente na preparación do terreo para sementar céspede e a colocación de rego automático; acondicionamento dunha senda peonil, colocación dunha varanda de madeira e instalación de bancos na contorna do parque e no paseo do río.

A partir do mes de setembro, iniciarase unha nova edición deste programa, no marco da convocatoria 2018/2019, na que se activarán os novos obradoiros duais de emprego, cos que a Xunta prevé incrementar as oportunidades laborais de 2000 persoas desempregadas, cunha achega de preto de 30 millóns de euros.

O obxectivo é poñer en marcha 100 programas, que combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e, como principal novidade, a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa.

Á clausura asistiron o Delegado da Xunta J.M. Balseiro, o Alcalde de Monforte José Tomé e Director  Xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com