O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, clausuraron este domingo a edición XVII do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Galicia, que se celebrou durante esta fin de semana nesta vila da Terra Cha, co patrocinio do Executivo Provincial. Esta cita converteuse nun novo éxito de público, xa que superou as expectativas previstas e recibiu durante estas xornadas a máis de 5.000 visitantes.
Campos Conde felicitou ao Concello de Xermade, así como aos membros da organización, pola promoción deste evento, que reivindica a artesanía da madeira e a difusión e promoción dos oficios tradicionais que caracterizan a nosa cultura.