Na axenda deportiva para esta fin de semana, o Club Deportivo Lugo terá como rival o sábado ao Osasuna e de momento conta cas baixas de sete xogadores.
Por outra banda, o Prone Lugo enfrontarase ao Barcelona no Palau Blaugrana a partires das seis e vinte.
Por último, Ribeira Sacra Breogán agarda o sábado, día do partido, no que realizará unha sesión de vídeo e adestramento matinal, e recibirá ao Melilla Baloncesto no Pazo ás sete e cuarto, coa intención de sumar un novo triunfo para manterse entre os líderes da categoría.