Na axenda deportiva para esta fin de semana, Club Deportivo Lugo recibe mañá ao Barcelona B dende as seis da tarde, no estadio Ángel Carro. O partido será televisado en directo por LaLigaTV.es, TVG2 y Esport3. O clube comunicou onte a fichaxe do defensa central destro Israel Porto Pineda, que procede do Villarreal Club de Fútbol B.
Ribeira Sacra Breogán visita mañá ao Clínicas Recuncho a partir das seis da tarde.
Por último, Prone Lugo podería certificar o seu descenso en caso de non lograr a victoria ante o Burela no Pavillón Municipal. A súa vez, o Levante non pode pasar do empate ante o Ribera Navarra, para poder evitar os lucenses o descenso.