Mañá sábado celébrase o Día Internacional do Cocido ou #CocidoDay en todo o mundo e en Lugo non podía ser menos. Este ano a mesa oficial será no Restaurante Taberna do Labrego en Begonte.
Organizado este ano pola axencia de márketing dixital estati.co como Cocido Leader, convidaron a diferentes influencers de Lugo a compartir un cocido galego.
A mesa componse de xente coñecida nas redes sociais da provincia como Mar Castro recentemente premiada polo Concello de Lugo co premio “Entre mulleres”; Carmen Porteiro, fotógrafa de confianza de Google en Lugo e que actualmente expón algunha das súas obras na exposición “Nos+otrxs en rede” no Museo Provincial de Lugo, os community manager Alfonso Pérez e Nuria López e os directivos de estati.co organizadores do evento.
O Cocido Day nace como un encontro entre amigos que despois de 4 edicións se converteu nunha data de referencia para darlle visibilidade á cociña tradicional do país. Paralelamente pretende axudar a que Galicia se afiance como destino gastronómico apoiando, ademais, aos restaurantes e empresas que se suman á iniciativa coa difusión a través das redes sociais.