Codex Cinema estrea esta tarde o documental “Os saldos” coa presenza do seu produtor

Esta tarde os Codex Cinema estrean a longametraxe/documental “Os saldos” cun pase único que contará coa presenza do seu produtor, Andrés Sanjurjo, que fará unha breve presentación e unha vez rematada a proxección haberá un breve coloquio. Todo isto será a partir das 20:30h. O filme conta a historia de José Ramón Capdevila, o último de tres xeracións de agricultores e gandeiros, que recibe a noticia de que o seu fillo Raúl vai volver a casa tras quedar sen emprego na cidade. Á espera de atopar algo mellor, ambos volven traballar xuntos na granxa, ao mesmo tempo que, no pobo, anúnciase o desembarco do “Grupo Pini”, unha importante empresa do sector cárnico que quere construír unha enorme macro-matadoiro.

Asemade os Codex estrean esta semana:

“Meu irmán pequeno” do director Léonor Serraille, un conmovedor drama inmigrante, un filme atrevido, surrealista e por encima de todo libre. Sinopse:  abarcando un total de vinte anos, desde a chegada  de Rose a Francia ata a actualidade, o filme é unha crónica da construción e deconstrución dunha familia.  Rose, oriúnda de Costa de Marfil, chega a Francia e instálase nos suburbios de París cos seus dous fillos, Ernest e Jean.

“O mestre xardineiro” de Paul Schrader. Un filme magnifico que demostra ata que punto o seu director marca o seu propio estilo sen renunciar a mirar no dos seus mestres, é dramaticamente envolvente. Sinopse: Narvel Roth é un meticuloso horticultor dedicado a coidar os exclusivos xardíns da histórica finca, Gracewood Gardens, en mans da rica viúva Sra. Havernhill. O caos apodérase da súa tranquila vida cando a señora Havernhill esíxelle que colla como aprendiz á súa rebelde e problemática sobriña neta, Maya. Esta nova situación sacará á luz segredos dun escuro pasado violento.

“Alma viva”, filme portugués da directora novel Cristèle Alves Meira. Unha película persoal, orixinal e profundamente sentida. Unha historia encantadora. Sinopse: a historia da pequena Salomé, quen, como cada verán, regresa de vacacións ao pobo familiar, nas montañas portuguesas. Aí desfruta coas tías e primos nun ambiente alegre e festivo ata que falece de súpeto a súa adorada avoa con quen tiña unha conexión especial. Mentres os adultos dedícanse a pelexar entre eles e coa xente do pobo, Salomé comeza a sentir o poder de todas as tradicións que a avoa lle tiña contado. Mentres a crenza da existencia dos espíritos seguen vivas, Salomé conseguirá, desde a inocencia do cotián, unir a súa familia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com