Codex Cinema estrea esta tarde o filme “Simple como Sylvain”

Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os filmes “SIMPLE COMO SYLVAIN” e “TRES CORES: BRANCO”

 “SIMPLE COMO SYLVAIN”, comedia romántica dotada dunha gran elegancia, delicada, sexy e divertida.

Sinopse: a cómoda vida de Sophia dá un envorco o día que coñece a Sylvain. Ela deixa todo para vivir esta paixón, dicíndose que tal vez sexa a derradeira. Mais son moi diferentes: Sophia provén dunha rica formación intelectual en Montreal mentres que a familia de Sylvain é de clase traballadora. Ela cuestiónase os seus propios valores e aspiracións despois de terse entregado aso seus impulsos románticos.

A outra estrea da semana será mañá vernes,  coa película “TRES CORES: BRANCO”, a segunda da triloxía das cores Kieslowski. Branco está chea de escenas exquisitas.

SinopseKarol ama profundamente a Dominique pero ela abandónao porque el ten un problema de impotencia. Despois, unha serie de feitos desafortunados fan que decida volver á súa Polonia natal e intentar emprender unha nova vida. Pero segue pensando en Dominique ….

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com