Este venres os cines Codex estrean os filmes “A DIFFERENT MAN” e “TERRA BAIXA”
“A DIFFERENT MAN”, un filme dirixido por Aaron Schimberg, con moito humor negro, unha traxicomedia escura e excéntrica moi ao estilo de Woody Allen. A película recibiu un Globo de Ouro ao Mellor actor principal así como o Oso de Prata e está nominada aos Premios Oscar 2025 na categoría de Mellor Maquillaxe e Peluquería.
Sinopse: o ambicioso actor neoiorquino, Edward, sométese a unha intervención cirúrxica radical para transformar drasticamente o seu aspecto. Como resultado, cambian moitas cousas na súa vida e, sen embargo, todo segue igual. Aínda que cambiase exteriormente e poida empezar unha nova vida, segue sendo quen é e non quen querer ser. Entón perde o papel da súa vida e o novo rostro soñado convértese nun pesadelo.
A outra estrea da semana é a película española “TERRA BAIXA”, dirixida por Miguel Santesmases e protagonizada por Aitana Sánchez Gijón. O filme mestura drama e romanticismo nun entorno rural que queda perfectamente reflexado na excelente fotografía.
Sinopse: Carmen, unha recoñecida guionista, retírase a unha casa herdada da avoa nun pobo de Teruel; alí, apoiada por dúas amigas que a admiran e por un axudante que se sente atraído por ela, dedícase a revitalizar a colleita de olivas. Nesta nova vida atopa a calma que buscaba. Sen embargo, a irrupción dun antigo amor pon en perigo está tranquilidade.