Codex Cinema estrea este venres o filme “A semente da figueira sagrada”

Esta semana os Codex Cinema estrean os filmes “A SEMENTE DA FIGUEIRA SAGRADA” e “AS VIDAS DE SING SING”

“A SEMENTE DA FIGUERIA SAGRADA”, dirixido por Mohammad Rasoulof, é un thiller intenso e reflexivo,  un grito de denuncia contra a opresión e a forma de dar visibilidade á nova xeración feminina.

Sinopse: Irán, outono de 2022. A vida universitaria en Teherán vese sacudida polas revoltas nas rúas e escolas ao berro de “Muller, vida e liberdade”. A medida que os disturbios aumentan, a responsabilidade profesional dun xuíz de instrución empeza a afectar á súa plácida vida familiar xunto a súa muller e as súas fillas.

A outra estrea da semana é “AS VIDAS DE SING SING”, un canto á liberdade e a amizade incondicional, nun drama carcelario nada convencional e coa interpretación maxistral de Colman Domingo no papel principal.

Sinopse: recluído no centro de máxima seguridade de Sing Sing por un delito que non cometeu, Divine G, sumido na desesperanza, atopa unha fonte de motivación  e un propósito actuando nun taller de teatro xunto a outros homes encarcerados. A través das artes escénicas, Divine e os compañeiros van descubrindo a posibilidade de atopar algo de humanidade nese entorno tan deshumanizado no que viven, o poder da arte, …

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com