Codex Cinema estrea este venres o filme galego “As neves”

“AS NEVES”, escrita e dirixida por Sonia Méndez e rodada integramente en A Fonsagrada. Narra a historia dun grupo de adolescentes que na noite  de entroido celebran unha festa e dróganse con setas por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, o pobo queda incomunicado e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.

 A outra estrea da semana é a película “NINA” da directora Andrea Jaurrieta, que mestura os xéneros de western e thriller e que aborda un conflito social da máxima actualidade.

Sinopse:Nina decide volver ao pobo costero onde medrou; leva unha escopeta no bolso e un obxectivo: vingarse de Pedro, un famoso escritor a quen o pobo lle rende agora unha homenaxe. O reencontro co seu lugar de orixe, cos seus recordos do pasado e con Blas, un amigo da infancia, fará que dubide se a vinganza é a súa única opción.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com