Os cines Codex estrean este xoves 6 de xullo o documental titulado “AS gardiás do planeta” do director Jean-Albert Liévre. O documental é un incrible espectáculo visual para desfrutar na pantalla grande e que pon de manifesto a necesidade de cooperación entre as especies que viven no noso planeta para que as xeracións posteriores poidan vivir en harmonía. É un documental inspirado no libro de Hea thcote William, “Les Gardiennes de la planète”, que nos leva a descubrir os territorios inexplorados e a sociedade apenas descoñecida das baleas, coas súas notables habilidades e as súas vidas sociais incriblemente ricas e complexas.
Sinopse: unha balea torboada está varada nunha costa remota. Durante a loita por salvar a súa vida, descubriremos a historia destas extraordinarias criaturas, habitantes dos océanos do mundo.
A partir de maña, venres os Codex Cinema estrean o filme español “Unha vida non tan simple”, onde o seu director Félix Viscarret, desmonta os vértigos dos 40 nunha comedia dramática, tan aguda e clarividente como acertadamente agrea. Crible, intelixente e sutil, con sentido do humor e certa tenrura. Sinopse: Isaías, 40 anos, era un prometedor arquitecto. Agora pasa os seus días entre o seu estudo de arquitectura e o parque á saída da escola, onde xogan seus fillos. Onde queira que estea, sente que non está onde debería; coa súa muller nótase o paso dos anos e o esgotadores que poden ser os nenos. Pero empeza unha amizade con Sonia, nai doutro neno do colexio, quen lle vai mostrar que isto de criar os teus fillos e entrar na vida adulta non é tan simple.
A outra estrea do venres é o filme francés “A orixe do mal” de Sébastien Marnier. Unha trama cun sólido reparto que interpreta a verdade emocional das situacións de forma marabillosa. Sinopse: os celos e a amargura rompen a familia de Stéphane, quen se inventa unha vida completamente diferente para impresionar ao home rico e as mulleres ao seu carón, que a minan.
Máis información en: www.codexcinema.info