“HOURIA” baixo a dirección de Mounia Meddour. O filme é un relato duro pero optimista, unha película comprometida, onde reivindica o dereito da muller a decidir sobre o seu corpo, o dereito a liberdade e igualdade. Sinopse: Houria é unha bailarina nova e talentosa. Para loitar polos seus soños e conseguir algo de diñeiro participa en xogos de azar clandestinos. Unha noite, despois de gañar unha fortuna é atacada. Entón o seu mundo cambiará para sempre.
A outra estrea da semana é “AISHA” do director Frank Berry é un drama absorvente e inmensamente conmovedor ao que lle dan vida dous interpretes de gran calibre, unha actuación fascinante de Wright e Josh O’Connor que está entre os mellores actores de Gran Bretaña nos últimos dez anos.Sinopse: unha moza nixeriana busca asilo internacional en Irlanda. Atrapada nun limbo durante anos no sistema de inmigración irlandés, Aisha Osagie desenvolve unha amizade co exprisioneiro Conor Healy, a quen coñece nun dos centros de aloxamento. A crecente amizade de Aisha e Conor pronto parece ser efémera, xa que o futuro de Aisha en Irlanda vese ameazado.
Pódese consultar toda a programación en: www.codexcinema.info