Codex Cinema estrea esta semana o filme francés “As Cícladas. Escapada de amigas” do director Marc Fitoussi.
As cícladas Escapada de amigas, narra en ton cómico a viaxe de dúas amigas que escapan das súas vidas e fan a viaxe que sempre soñaron. A reflexión sobre a amizade e os cambios de prespectiva que trae consigo a madurez. Sinopse: de adolescentes, Blandine e Magalie eran inseparables pero co paso do tempo deixaron de verse. Cando os seus camiños se cruzan de novo, deciden emprender xuntas a viaxe que sempre soñaran e vanse a Grecia, ao seu sol e ás súas illas, pero non sae como pensaban pois agora teñen unha visión moi diferente das vacacións e da vida.
Asemade os Codex Cinema continuarán coa proxección dos filmes: Matar cangrexos, A quietude na tormenta e a curtametraxe de Almodóvar “Estraña forma de vida”.
Durante a fin de semana ademáis das proxeccións antes mencionadas, haberá pases das longametraxes: “As oito montañas”, “Sica” e “O colibrí”.
Poden consultar toda a programación en: www.codexcinema.info