Esta semana chegan as pantallas dos Codex Cinema os filmes “QUE A FESTA CONTINÚE” e “TRES CORES: VERMELLO”.
Os cines Codex cerrarán as súas portas durante o mes de agosto e volverán cargados de estreas o venres 30 de agosto de 2024.
Nesta derradeira fin de semana os cines Codex estrearan o filme francés “QUE A FESTA CONTINÚE”, película que narra unha historia de amor, divertida e con moita melancolía. Este filme estrease maña xoves ás 20:00h.
Sinopse: Rosa é unha muller de sesenta anos que dedicou a súa vida á familia e, coa mesma intensidade e sacrificio, á política, sempre do lado dos valores. A súa actitude, o seu talante loitador e a súa natureza incansable fan dela unha muller apreciada en quen os veciños, a poucos días dunhas eleccións decisivas, poñen todas as súas esperanzas para conseguir selar a unión da esquerda. Tamén ela pensa saír vitoriosa. Mais coñece a Henri e descubre algo novo nela…..
A outra estrea da semana é “TRES CORES: VERMELLO”, a terceira película da triloxía das cores Kieslowski. Vermello é un relato dos amores a primeira vista, infidelidades e casualidades que marcan unha vida.
Sinopse: Valentine, unha estudante que traballa como modelo e reside en Xenebra, despois dun accidente no que atropela a un can, busca e atopa ao seu dono, un xuíz cunha obsesión particular. Tamén se cruzan no seu camiño un fotógrafo, un estudante,… As vidas de todos eles vanse enlazando con vínculos máis ou menos estreitos.