Codex modifica os seus horarios para adaptarse ás novas medidas fronte a Covid

As salas lucenses Codex Cinema veñen de anunciar certas modificacións nos horarios presentados pola empresa o pasado luns para esta semana. A sala fai este cambio logo de coñecer as últimas medidas anunciadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fronte a Covid19.

Os Codex adiantan as sesións, que antes arracaban ás 18.00 horas, para que os espectadores poidan gozar das mellores películas e estar a tempo nas súas casas para respectar o toque de queda anunciado para as 22.00 horas. Asemade, varía tamén a orde de proxección dos distintos filmes para adecuar mellor os horarios.

Na páxina web do cinema así como nas súas redes sociais podense ver xa os novos horarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com