COGAVE reivindica dotar de servizos sanitarios e ferroviarios á provincia

Esta mañá tivo lugar en Lugo o congreso Confederal de COGAVE, “Confederación Galega de Asociacións de Veciños ”, para apoiar as reivindicacións que a Federación de Asociacións de Veciños “ Lucus Augusti” e a plataforma “Lugo… non perdas o tren” están a levar a cabo para a recuperación de servicios ferroviarios para Lugo, “fundamentais para o desenvolvemento de Lugo e a súa provincia”, segundo declararon os organizadores

José Manuel Carballo, responsable da campaña do tren declarou, “ Lugo precisa de trenes que enchan as súas estacións na ruta de A Coruña – Lugo-Ourense, ao igual que a rede de FEVE na costa”. E incidiu, “queremos as estacións cheas de trenes e pasaxeiros, para elo é fundamental que pola estación de Lugo pasen cada hora en ambos sentidos trenes e que todos os MEDIA DISTANCIA paren de novo en todas as estacións da provincia”.

Hoxe a plataforma recibiu a nova “debida as nosas presións” de que “a partir do 4 de abril teremos 4 trenes diarios con Madrid en ambos sentidos, algo é algo, pero non suficente para as nosas pretensións, Lugo ten que estar no mapa ferroviario como estivo no século XIX”, subliñou Carballo.

Os actos comenzaron cunha recepción oficial no Pazo de san Marcos, á que asistiron o Presidente Darío Campos e a Alcaldesa, Lara Méndez, así como o Presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), Eladio Fernández, e o seu representante en Lugo, José Manuel Carballo.

No encontro, a rexedora destacou o papel do movemento asociativo veciñal, “un mecanismo fundamental para crear unha sociedade máis integradora e axustada á realidade e un piar fundamental da democracia, pois canaliza a representación de todos os veciños e veciñas ante as institucións públicas”.

Lara Méndez convidou aos movementos veciñais “a seguir facendo propostas en positivo e a seguir facendo cidade entre todos” e lembrou as últimas iniciativas veciñais postas en marcha, capaces de conseguir avances sociais e reais. Neste senso, lembrou que foron capaces de mobilizar a máis de 15.000 persoas nas rúas de Lugo para reclamar hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear, así como a posta en marcha da plataforma Lugo, non perdas o tren, para reclamar servizos ferroviarios dignos para Lugo.

“Creo no movemento veciñal e en cada un dos veciños do municipio, na política participativa e no exercicio da cidadanía”, asegurou Méndez, quen tamén agradeceu o esforzo de todos os veciños na vida diaria de Lugo.

Pola súa banda, Campos subliñou “o traballo tan importante que realizan as asociacións veciñais, sobre todo na provincia de Lugo”, ao tempo que lembrou que dende o ente provincial “apostamos pola participación directa dos veciños, coa posta en marcha do Goberno Aberto”

O Presidente fixo fincapé na participación cidadá como un dos eixos nos que xire a actividade provincial. “Dende a Deputación obtivemos experiencias deste tipo como a través da elaboración dos orzamentos participativos, nos que se contou coa opinión de máis de 55.000 veciños”. Neste senso, Campos Conde aproveitou para anunciar a posta en marcha duns novos orzamentos participativos o vindeiro ano, co fin de introducir e conformar o orzamento provincial dentro do Regulamento Orgánico.

Dixo ademais que a Federación lucense foi a abandeirada na defensa das necesidades dos veciños da provincia, a través das ILP, referendada por máis de 41.000 persoas que demandaban Hemodinámica 24 horas, Medicina Nuclear e Radioterapia.

Fernández Vázquez aproveitou a recepción para felicitar tanto ao Concello como á Deputación polas iniciativas sociais que están levando a cabo. “O que facedes en Lugo é un exemplo para o resto das provincias”, asegurou.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com