A colección de Álvaro Gil de novo no Museo Provincial, pese á xestión

Por fin!! Sen tempo non era. A colección de arte castrexa que adquiriu ao longo da súa vida o filántropo Álvaro Gil volve estar no Museo Provincial e xa se pode visitar a partires de hoxe.

Esta colección de ourivería, é unha das exposicións que máis visitantes propicia ao Museo Provincial dende que se abriu ao público e fai que moitas persoas acudan a Lugo para ver estas marabillas da cultura do país, contribuíndo así a incrementar os ingresos por turismo na cidade. Por iso non se entende que algo tan valioso, dende o punto de vista patrimonial e cultural como turístico, fora tratado polos responsables do museo con semellante desatino. Primeiro pola administración de Cacharro Pardo e logo dos deputados provinciais da área de cultura do goberno bipartito: Don Antón Bao e o actual responsable, Don Mario Outeiro.

A irresponsabilidade na xestión de todos estes xestores públicos tivo consecuencias graves : a retirada das pezas, o cal supuxo un ano sen a colección, o custo para ás arcas públicas, cantidade de preto de 3.000.000 millóns de euros repartidos do seguinte xeito, 2.300.000 o prezo da colección e 600.000 máis polos gastos dos avogados da familia. Un auténtico despropósito e non porque non valga esa cantidade, pois o seu valor é incalculable, polo que non se aforrou  como  se quere xustificar agora,non sei cantos cartos. O que se aforrou o museo e por ende todo o pobo de Lugo foi o bochorno de ver a colección noutro museo doutra cidade. Mais de ter feito as cousas ben, de seguro que o prezo sería outro.

Pero aínda puido ser peor , imaxínense, como dicía , que a colección estivese hoxe noutro museo. Así que, non se consola quen non quere.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Xabier
    Feb 26, 2015 - 11:37 PM

    Non estou deacordo para nada con este “artigo”,Nin na época de Caharo se fixeron mal as cousas nin despois, foi a familia do señor Gil quen xogou con todo o pobo lugués ata máis non poder, quen deixounos sen a colección durante 1 ano pola avaricia de conquerir máis e máis cartos.
    Sinceramente gustaríame saber a verdade de toda esta colección, non o que poida escribir a familia, senón que como pezas que deberían ser do patrimonio de tódolos galegos están en máns privadas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com