A aparición dun lobo tiroteado no termo municipal de Monterroso, este pasado venres, foi xa criticada pola Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, que lembran que este cánido non é unha especie protexida como tal na comunidade, e deron un paso máis activando unha recompensa de 1000€ para quen poida dar datos fiables sobre os autores do disparo mortal.
O contexto do animal, atopado na aldea de Tegar de Vilamor, podería evidenciar a falta de colaboración dos habitantes da zona para identificar ao responsable ou responsables do que parece de xeito evidente unha acción de caza irregular, onde os propios veciños parecen xustificar o acto cos supostos ataques ao gando cometidos por animais na comarca.
Os animalistas advirten que o silencio interesado podería interpretarse como a ocultación dunha posible conduta delituosa, contribuíndo á mesma non denunciando a realidade dun animal sobre o que se desenvolve unha campaña de odio e ataques constantes en lugar de esixir á administración autonómica que impulse liñas de apoio para o Medio rural, non autorizando batidas para masacrar lobos ou outros animais, como os jabalíes.
A través da recompensa por información deste novo caso de malos tratos animais, FFW e LIBERA! tamén criticaron a continuada desregulación e a falta de control sobre as cacerías que se realizan en Galicia durante practicamente todo o ano, onde mesmo a última reforma da Lei de Caza de 2013 foi recentemente trasladada ao Tribunal Constitucional por parte do PSdeG, evidenciando que non existe un consenso sobre as accións lexislativas que facilitan a actividade.
Os defensores dos animais lamentan que, a través de centos de miles de batidas que teñen lugar cada ano, está a fomentarse a “ cinegetización” do Medio rural en contra do criterio da inmensa maioría da cidadanía, que aposta por modelos de convivencia e por fomentar iniciativas que revertan positivamente nas comunidades menos poboadas de Galicia sen necesidade de patrocinar campionatos ou campañas de odio contra a fauna silvestre. Ambas as organizacións poñen a disposición de posibles testemuñas un correo electrónico (galicia@liberaong.org) a través do cal remitir as posibles probas ou sospeitas. Lembran que outra acción ilegal, a ocorrida no Bosque protexido de Ridimoas, na provincia de Ourense, avanzou cara á investigación de varias persoas por parte da Garda Civil.