Minutos antes do mediodía o 112 Galicia recibía un aviso por mor dun choque entre un turismo e unha moto na Avenida da Coruña. Como consecuencia do impacto, o motorista resultou ferido e necesitou asistencia por parte dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Cómpre sinalar que os particulares que chamaron ao 112 Galicia para dar conta desta situación indicaban que o motorista necesitaba axuda urxente. A maiores dos profesionais sanitarios, desde o 112 Galicia informouse aos axentes da Policía Local e avisouse aos bombeiros da cidade. Non obstante, o ferido estaba liberado e accesible.
Ago 24, 2019 - 10:32 PM
Rua Calamidad mais ben