Colisión frontal en Outeiro de Rei

Esta mañá rexistrouse unha colisión en Outeiro de Rei. Concretamente ás 9:40 desta mañá na N-VI, no punto quilométrico 512 e resultou ferida unha persoa, que nun primeiro momento sospeitaban que estaba atrapada no interior do turismo accidentado.

Así, o persoal do 112 avisou aos Bombeiros de Vilalba, aos profesionais de Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar do sinistro, os bombeiros comprobaron que a persoa estaba liberada e estaba xa sendo atendida polos servizos sanitarios.

Non obstante, permaneceron no lugar para a limpeza dos restos de aceite e materiais que quedaron na vía. Deste xeito, restableceron as condicións de seguridade na calzada e regresaron á base.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com