Colisión múltiple en Xermade

Pasadas as 16:30 horas tivo lugar un accidente entre tres turismos que se saldou cunha persoa ferida na LU-540, á altura do punto quilométrico 35, no concello lucense de Xermade.

De acordo coa información facilitada aos xestores do 112 Galicia, o ocupante dun dos vehículos necesitaba asistencia médica por mor das lesións sufridas a causa do impacto.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou aviso aos servizos sanitarios, aos boombeiros de Vilalba, á Garda Civil, aos voluntarios de Protección Civil e ao persoal de mantemento de estradas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com