‘…E Para Comer, Lugo’ achega a FITUR a súa nova guía gastronómica

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, deu a coñecer hoxe na XXXVIII Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) un novo volume, o décimo primeiro, da guía turístico-gastronómica da provincia de Lugo … E para comer, Lugo.

No acto, que tivo lugar a partir das 15:00 horas no stand de Galicia en Fitur, Real presentou a publicación titulada Lugo, nos vamos de ruta. Unha nova guía que, nesta ocasión, recolle unha colección de sendeiros organizados polas 13 comarcas lucenses e achega ao lector aos recantos máis fermosos da provincia, sen esquecerse de recomendar os produtos máis típicos de cada zona.

Na presentación, estivo tamén presente a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen presentaba tamén hoxe á cidade e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen explicou que Turismo de Galicia apoiará aos empresarios de establecementos de aloxamento mediante unha orde de axudas para obras de renovación das instalacións.

O delegado gabou “o esforzado traballo que tan ben reflicte esta guía gastronómica e turística e na que son protagonistas os hostaleiros lucenses, que cumpren 40 anos como organización, ao servizo de Lugo e da súa provincia”. Na mesma liña, destacou “os méritos de quen, dende un establecemento de hostalería son alma das nosas vilas e cidades e centro da súa actividade social”, ofertando ademais unha variedade gastronómica “que está ligada intimamente a cada pobo e que merece a pena ver e degustar, o que explica o lema …E para comer, Lugo”.

Balseiro incidiu en que a Xunta “apoia os esforzos da hostalería”, para o que neste comezo de ano se porán en marcha oito convocatorias de axudas, dotadas con 5 millóns de euros, para seguir mellorando a oferta turística da provincia.

O delegado territorial da Xunta participa estes días nos actos de promoción da provincia en Fitur. Así, mañá tamén intervirá na presentación da campaña A Mariña, máxica por natureza e asistirá ao acto de promoción turística da Deputación Provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com