Comeza a funcionar a nova adxudicataria do Centro de Día Novo Antonio Gandoy

A nova empresa adxudicataria do centro de día Novo Antonio Gandoy, OHL Servicios Ingesan Sapor, comezou onte a prestación do servizo sen ningún tipo de incidencias. Esta mesma mañá a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a  concelleira  de Benestar Social, Olga López Racamonde, achegáronse ata as instalacións para coñecer de primeira man como foron os dous primeiros días de servizo e para felicitar o ano novo aos usuarios e usuarias, felicitación que xa realizaron en días anteriores no resto de centros municipais.

Segundo comentou a concelleira, a empresa cumpriu con todos os requisitos esixidos, ao igual que co servizo de transporte. Os vehículos adaptados chegaron hoxe, pero onte, segundo sostivo a edil, os usuarios e usuarias puideron facer uso dun eurotaxi que puxo a súa disposición a empresa. “A adxudicataria mandoulles unha carta con tempo suficiente para avisarlles desta alternativa para onte”, aclarou.

Ante as críticas do PP, a edil criticou que “faga denuncias sen estar antes informado, polo que, lonxe de desenvolver con criterio o seu traballo de fiscalización, o único que fan con mentiras é crear malestar e preocupación entre os usuarios”.

A nova adxudicataria da servizo de luns a sábado (sempre laborables), ámbolos dous días inclusive, en horario de 8.00 horas a 20.00 horas, así como dous domingos ao mes,  o primeiro e terceiro,  en horario de 11.00 a 18.00 horas

Entre as melloras do seu contrato, ofertaron un vehículo adaptado máis e máis actividades para os usuarios.

A empresa atende os módulos de prestacións sociais, de atención xeriátrica-rehabilitadora e de atención á saúde psicofísica e dietética, así como do aseo e o coidado persoal diario dos usuarios e usuarias. O servizo inclúe, ademais, o apoio necesario para a mobilización das persoas usuarias a fin de manter un nivel de funcionalidade e de interacción social adecuado, ademais do desenvolvemento de actividades de ocio, culturais e creativas e as vinculadas coa socialización e participación.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 03, 2020 - 10:34 PM

    A ver o que dura…………. É por que non algunha empresa de Lugo ou Galicia?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com