Hoxe comezaron os traballos de renovación do firme da Avenida de A Courña, no treito que une as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes.
Os traballos que se están a executar consisten na construción dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, selando do firme ante a acción da auga superficial e garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.
Dende o Concello indican que se manterá sempre o sentido de circulación en ambos sentidos, habilitando itinerarios alternativos, e permitindo que os traballos se desenvolvan correctamente.