Comeza a semana do Orgullo coa presentación do Lugo Diversx e o izado da bandeira

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, a Concelleira de Igualdade, Ana González Abelleira, e representantes de ARELAS e ALAS, participaron hoxe na Praza de San Marcos no inicio das actividades da Semana do Orgullo LGTBIQA+. Trátase da ampla programación que Deputación e Concello de Lugo, coa colaboración destes dous colectivos lucenses promoven na provincia con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+ que terá lugar o vindeiro mércores, 27 de xuño.

López Izquierdo destacou “a grande importancia que supón participar na celebración destes actos, que contribúen a normalizar a situación do colectivo LGTBIQA+ e que son necesarios para recoñecer a igualdade de dereitos de todas as persoas” e subliñou “o compromiso do Executivo Provincial co colectivo LGTBIQA+”.

A Deputada de Benestar e Igualdade explicou que “a celebración desta semana do Lugo Diversx non se trata só dunha festa, implica tamén unha expresión política na defensa de todas as persoas que son marxinadas, acosadas e desprezadas por seren diferentes” e convidou a toda a poboación a participar nestas actividades “porque será unha forma de celebrar unha sociedade máis xusta, máis libre, e máis igualitaria”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com