O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou este sábado na X Tasca do Liño da Insua. O Goberno Provincial fixo unha achega de 3.000 euros para a organización deste evento que naceu coa intención de promocionar o traballo do liño no Concello de Vilalba. Nesta X edición, as mulleres da Asociación de Mulleres Rurais San Bartomeu de Insua volveron realizar unha exhibición de traballo do liño a través da tasca, co fin de rememorar o traballo tradicional.
Vidal Baamonde destacou a importancia desta cita anual e subliñou que “pon en valor un oficio tradicional e desempeña un labor importante de divulgación dunha tarefa desenvolvida durante anos polos nosos antergos e que está a caer no esquecemento, ademais de supoñer unha promoción desta zona da provincia de Lugo, xa que contribúe a recuperar e dar a coñecer oficios tradicionais”.