Comeza a limpeza dos contedores de lixo

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, informou este mércores de que o servizo de limpeza viaria e recollida de residuos terá durante todo este mes de agosto e o de setembro un operario especificamente destinado ao lavado dos 1.200 contedores de lixo cos que conta o municipio.

Os labores, que comezaron esta semana, desenvólvense cunha máquina de limpeza de auga a presión, coa que se lava o exterior, o interior e os engrenaxes dos depósitos co fin “de que estean debidamente acondicionados, non desprendan mal olor e favorezan unha boa imaxe urbana”, subliñou o edil

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com