Comeza o curso sen incidencias para os alumnos de ESO, bacharelato e ensinanzas especiais

Normalidade no inicio do curso para os 13.883 alumnos da ESO, bacharelato e ensinanzas de réxime especial na provincia de Lugo. Así o salientou esta mañá a secretaria territorial da Xunta, Marta Barreiro tras visitar un dos 82 centros que imparten este tipo de ensinanzas na provincia.

En canto á matricula, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, hoxe volveron ás clases 13.883 alumnos na provincia de Lugo; 9035 alumnos na ESO, 3.319 en bacharelato e 1.529 alumnos de ensinanzas de réxime especial. Estas últimas inclúen bacharelato para adultos (703 matriculados), ESO para adultos (571 matriculados), ensinanzas básicas iniciais (132 matriculados) e outras ensinanzas para adultos (123 alumnos).

No caso da Formación Profesional (FP) – non incluída nos devanditos 13.883 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, dado que o prazo para inscribirse permanece aberto ata o vindeiro 23 de setembro.

En canto ás ensinanzas regradas de música, nos conservatorios e centros autorizados da provincia, hai 1.184 alumnos matriculados.

Todos eles son datos provisionais, xa que cómpre lembrar  que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com