Labregos da provincia, están chegando a estas horas a cidade para a concentración de tractores convocada para mañá martes en contra da Axenda 2030.
Isto fai que a estrada N-VI estéa sufrindo grandes retencións por mor de que os tractores que están a circular por ela, só poden facelo a 20 km por hora, o que fai que ata que estes chegan ao carril lento despois do cruce coa Avda. de Breogán, se formen atascos que fan que a circulación sexa moi lenta.
Como é sabido os labregos e labregas de Galicia está a sumarse ás protestas que se están a realizar en diferentes países europeos contra a as políticas agrarias da Unión Europea dende hai semanas.
A tractorada está prevista para mañá ás 12 do mediodía, polo que se prevén retencións e desvíos nalgunhas rúas da cidade.