Comezan as actividade na Rede Museística Provincial

O Goberno da Deputación ofrece para estas datas 19 obradoiros totalmente gratuítos para persoas de todas as idades nos 4 museos da Rede Museística Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar, Museo Fortaleza de San Paio de Narla e Museo Pazo de Tor. Dentro da programación de actividades hai obradoiros de panxoliñas, teatro, decoración ou alimentación, entre outros. Estes obradoiros complementan a programación de actividades que ofrece a Deputación co Merca en Lugo polo Nadal no centro da cidade.

Museo Provincial de Lugo

O 17 de decembro de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.- Obradoiro-Charla: A cosmética e a farmacia do mundo romano.

O 26 de decembro de 11:30 a 13:30 horas.- Obradoiro: Mosaicos. Número de prazas: 15. Idades: de 12 a 16 anos.

O 26 de decembro de 17:00 a 19:00 horas.- Obradoiro: Lámpadas. Número de prazas: 15. Idades de 12 a 16 anos.

O 27 de decembro de 11:00 a 13:00 horas.- Obradoiro: A saúde desde a alimentación para o Club Pequeamig@s da Rede Museística Provincial de Lugo (12 prazas).

O 27 de decembro de 11:30 a 13:30 horas.- Obradoiro: Vidreiras para idades de 12 a 16 anos. Número de prazas: 15

O 27 de decembro de 17:00 a 19:00 horas.- Obradoiro: Origami para nenos entre 12 e 16 anos. Número de prazas: 15

O 29 de decembro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: Xogo de personaxes para nenos de 8 a 11 anos. Número de prazas: 12

Museo Fortaleza San Paio de Narla

O 20 de decembro ás 11:00 horas.- Obradoiro: San Paio de Narla volve ao pasado para 60 alumnos da ESO do Colexio Mª Auxiliadora de Lugo.

O 27 de decembro de 16:00 a 18:00 horas .- Obradoiro: Teatralizar, expresármonos para o club Pequeamig@s da Rede Museística Provincial de Lugo.

O 28 de decembro e o 4 de xaneiro de 16:00 a 18:00.- Obradoiro: Friol recupera o Cantar dos Reis co Club Pequeamig@s da Rede Museística Provincial de Lugo.

Museo Provincial do Mar

O 16 de decembro de 16:00 a 18:00 horas.- Obradoiro: A mesa do Nadal dirixido aos integrantes do Club Sénior da Rede Museística Provincial de Lugo. Sen límite de prazas.

O 17 de decembro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: Sociedades plurais e diversas dirixido ao Club Pequeamig@s da Rede Museística Provincial de Lugo. Número de prazas: 15.

O 28 de decembro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: O tizón de Nadal dirixido ao Club Pequeamig@s da Rede Museística Provincial de Lugo. Número de prazas: 15.

O 29 de decembro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: O ceo de Nadal dirixido ao Club Pequeamig@s da Rede Museística Provincial de Lugo. Número de prazas: 15.

O 4 de xaneiro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: Villancicos e panxoliñas dirixido ao Club Pequemig@s da Rede Museística Provincial de Lugo. Número de prazas: 15.

O 5 de xaneiro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: Almanaque mariñeiro dirixido ao Club Pequeamig@ da Rede Museística Provincial de Lugo. Número de prazas: 15

Museo Pazo de Tor

O 22 de decembro de 17:00 a 19:00 horas.- Obradoiro: Nadal artístico dirixido a o Club Sénior da Rede.

O 27 de decembro de 11:00 a 13:30 horas.- Obradoiro: Nadal artístico dirixido a o Club Pequeamig@s da Rede.

O 28 de decembro de 11:30 a 13:30 horas.- Obradoiro: Luz e Arte (Lámpadas) dirixido a persoas de todas as idades, sen límite de prazas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com