O Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo, ven de anunciar as actividades de animación á lectura e contacontos que se realizarán en distintas tardes de setembro a novembro, ás 18:30h na biblioteca municipal Isidro Novo do parque da Milagrosa.
Estas actividades serán de asistencia gratuíta, mais por motivos de aforo deberá retirarse unha invitación na propia biblioteca. As invitacións repartiranse na tarde do luns de cada actividade, e estarán limitadas a dúas por persoa. As actividades irán dirixidas a distintas idades.
As actividades deste trimestre comezarán o vindeiro mércores 18 de setembro, con “A carteira de Augasclaras”, de Carmen Domenech, contacontos para nenos e nenas a partir de 4 anos baseados en dúas obras clásicas da literatura infantil que transmiten valores de igualdade, “Artur e Clementina” e “Rosa Caramelo”. A actividade terá unha duración de 50 minutos e un aforo limitado a 40 asistentes
Continuarase o xoves 26 de setembro con “Dulcinea, a nena cabaleira”, de Anxo Fariña, nenos e nenas a partir de 3 anos coñezerán a Breogán, un neno galego, descobre na historia do Quixote que as princesas non son como dicían os contos e que poden facer cousas abraiantes. A actividade durará 45 minutos e ten o aforo limitado a 40 persoas.
Xa no mes de outubro, Pablo Díaz traerá o seu espectáculo “contando números, contando cores”, onde nenos e nenas a partir de 4 anos, durante os 45 minutos que durará a actividade, reflexionarán sobre a igualdade entre nenos e nenas e maiores. Esta actividade ten un aforo de 40 persoas.
No Día das Bibliotecas, 24 de outubro, “Rosalía. Todos por igual”, de Tarabelos, traballará con ata 25 nenos e nenas a partir de 5 anos un conto de Rosalía de Castro para facer a nosa propia obra de arte pola igualdade de xénero e a defensa do idioma. “Rosalía. Todos por igual” ten unha duración de 90 minutos.
O xoves 7 de novembro, Xarope Tulú traerá “Bichocas”, un espectáculo destinado a nenas e nenos de 0 a 3 anos onde as protagonistas viaxarán a través do mundo animal para comprender a importancia de seren diversas. Durará 35 minutos e terá un aforo de 20 persoas.
“Flipa cos contos”, de Bandullo Azul, será o encargado de rematar con estas actividades. Tratará dunha sesión de contos populares e contos musicados de autores galegos, para ata 40 nenos e nenas a partir de 4 anos cunha duración de 50 minutos.
Set 15, 2019 - 03:18 PM
Y seguimos con nuestro club de lectura adultos