Mañá xoves darán comezo as Fases 2 e 3 do proxecto de peonalización da rúa Montevideo, que abranguen o tramo comprendido entre a rúa Ramón y Cajal e a rúa Nova, unha vez aprobado o plan de tráfico e seguridade que rexerá a circulación con motivo destas obras.
A fase 2, por onde continuarán os traballos, vai dende Ramón y Cajal ata a altura do número 12 de Montevideo, para minimizar as molestias e permitir o máximo tempo posible o acceso aos garaxes; despois continuarase coa fase 3 ata a rúa Nova. Tal e como se expón no devandito plan de tráfico, estando xa executado o formigonado, previo ao pavimentado de pedra final da Fase 1 da obra –no tramo máis próximo á porta da muralla–, reabrirase ao tráfico rodado esta zona da rúa, desde a rolda ata Ramón y Cajal.
Deste xeito, as fases de execución 2 e 3 desenvolveranse finalmente sen corte total ao tráfico, realizando os traballos nestes tramos por carrís de circulación. Así, mentres se elaboran os traballos nun carril de circulación e se corta este, manterase aberto ao tráfico o outro carril.
Tendo en conta o anterior e sendo posible a entrada ao centro histórico novamente pola porta de Bispo Odoario, quixemos aproveitar para restrinxir temporalmente o paso e acceso de vehículos por rúa Nova, ata que non sexa posible saír pola rúa San Fernando, con motivo das obras na Praza de Ferrol. Deste xeito, xa se deu traslado á área de Enxeñería para que, mentres a rúa Nova permaneza pechada ao tráfico, poidan realizar arranxos puntuais para mellorar o pavimento.
En todos aqueles casos nos que non sexa posible a solución anterior, canalizarase o tráfico peonil pola beirarrúa oposta, mediante os pasos de peóns máis próximos. “Tamén garantiremos o acceso ás vivendas e aos locais comerciais, deixando espazo suficiente para que os peóns e usuarios circulen con seguridade”, concluíu.
Outras fases en execución
FASE 1: Rúa Montevideo, tramo comprendido entre Rolda da Muralla e Rúa Ramón e Cajal. – Realizado o formigonado previo pavimentado final, o que facilita a apertura ao tráfico rodado do devandito tramo.
FASE 7: Rúa Quiroga Ballesteros. Desde Rúa Bolaño Rivadeneira a Rúa Amor Meilán. Cortado e en execución.
FASE 8: Rúa Amor Meilán. Desde Rúa San Fernando a Rúa Quiroga Ballesteros. Cortado e en execución.
FASE 9: Rúa Quiroga Ballesteros. Desde Rúa Amor Meilán a Rúa San Froilán. Cortado e en execución.