Comezan as obras de mellora do firme da N-VI na provincia de Lugo

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reafirmou hoxe o “compromiso do Executivo de Pedro Sánchez” coa provincia de Lugo “do que é boa proba o esforzo que está a facer o Ministerio de Fomento para manter en bo estado a rede estatal de estradas”.

Isabel Rodríguez supervisou esta mañá os traballos que está a levar a cabo Fomento para a mellora do firme na estrada N-VI ao seu paso polo concello de Lugo.

A subdelegada remarcou que “os feitos demostran que este Goberno si está comprometido coa provincia de Lugo e coa mellora das nosas infraestruturas, despois de tantos anos de abandono”. Rodríguez lembrou que “Fomento leva investidos en obras de conservación nas estradas da provincia máis de 21,1 millóns de euros e para este ano nos Presupostos Xerais do Estado contamos con unha partida de 26 millóns de euros para manter en bo estado a rede viaria do Estado na provincia de Lugo”.

“Con obras coma esta, que comezou onte na N-VI, actuamos para manter no mellor estado estradas que son fundamentais para as comunicacións de Lugo e tamén aumentar a seguridade dos automovilistas”, explicou.

Isabel Rodríguez inspeccionou a marcha das obras que comezaron nun treito da N-VI no termo municipal de Lugo. Fomento ten previsto facer traballos de reparación do firme en 81 kilómetros desta estrada dentro da provincia de Lugo. Nestes arranxos está previsto un investimento de 370.000 euros. A execución das obras prolongarase durante unhas tres
semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com