Comezan as obras para eliminar un tapón urbanístico na Avenida da Coruña

A Alcaldesa e o concelleiro de obras estiveron hoxe presentes na iniciación dos traballos que segundo as súas declaracións cumpren un triple obxectivo: “mellorar a seguridade na contorna, aumentar a calidade de vida da veciñanza e seguir humanizando a cidade, recuperando espazos públicos para o seu uso público”.

As obras de demolición que arrincaron e as posteriores de urbanización da beirarrúa, teñen un orzamento de 36.360 euros e un prazo de execución de tres meses. Anteriormente, a entidade local tivo que proceder ás expropiacións dos terreos, que afectaron a 172 metros cadrados de superficie fóra de aliñación (3 parcelas de 16 propietarios e indenmización pola extinción dun valo publicitario).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com