Comezan as votacións para elixir o candidato á alcaldía por Lugo Novo

A plataforma Lugo Novo convoca para hoxe e mañá as votacións para elixir ao cabeza de lista para as eleccións á alcaldía de Lugo. Á mesma preséntanse dous candidatos Xoan Rompe, activista social e ex militante do BNG e de Abre la Muralla e Santiago Fernández Rocha, mestre e ex militante e candidato do CDS de Adolfo Suárez .

Parece ser que finalmente será Fernández Rocha quen saia  elixido, incluso semella que xa hai unha lista confeccionada  que acompañaría ao candidato, onde estarían nos últimos postos nomes como: Zita Méndez, ex concelleira de Esquerda Unida e Xosé Anxo Laxe, ex concelleiro do BNG.

A menos de dous meses para as eleccións, aos militantes e simpatizantes da plataforma agárdalles un arduo traballo para dar a coñecer ao candidato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com