Ás seis desta tarde daba comezo a reunión entre representantes da plataforma cidadá Lugonovo e unha comisión do Psoe, para dar continuidade ás negociacións que comezaron apos as eleccións municipais, e que continuaron hoxe para tentar buscar puntos de encontro para deste xeito, dar estabilidade ao novo goberno municipal.
Para elo comezaron polo principio, é dicir, ver as coincidencias programáticas, que as hai e onde non, tentar buscar formulas que acheguen consensos, e abofé que a cousa non estivo mal.
No encontro desta tarde de luns, das dúas formacións políticas, Lugonovo abordou unha serie de puntos que levaban no seu programa de goberno. Os temas que se puxeron riba da mesa por parte dos negociadores da plataforma e que atoparon acubillo no programa de goberno conxunto foron: apoiar a participación cidadá mediante a creación dos consellos cidadáns e a elección de pedáneos. Unha maior transparencia na xestión política coa posibilidade de rescatar concesións hoxe privatizadas, sempre que sexa factible. A desvinculación por parte de Lugonvo das decisións que se tomen sobre O Garañon, cada formación política terá libre albedrío, por ser este un problema que ven doutras lexislaturas.
Asemade tamén se chegou a un acordo no tema da redución do gasto político, neste caso xa o anunciara a alcaldesa Lara Méndez, cando declaraba que ao haber a dobra de formacións políticas nesta lexislatura, o simple feito de repartir os recursos fará que se reduza de xeito drástico o que lle toca a cada formación política.
De momento así rematou unha xuntanza que continuará os vindeiros días.
Mañá será aquenda do BNG-AA para analizar as posibilidades de futuro de cara á gobernabilidade do concello de Lugo. Rubén Arroxo xa adiantou na tarde de hoxe que a primeira iniciativa que solicitará nesta xuntanza será a adaptación dos horarios dos centros socias ás necesidades reais das persoas.
Rubén Arroxo sinalou asemade que “para nos é secundario prestarlle atención as cuestións de conformación do goberno municipal, o prioritario é atender as demandas da xente e facer que Lugo funcione”. O BNG-AA manterá mañá pola tarde a primeira xuntanza con PSOE para analizar as posibilidades de futuro de cara á gobernabilidade do concello de Lugo.
Xuñ 16, 2015 - 10:44 AM
Yo como ciudadana de esta ciudad y contribuyente me gustaria que este nuevo gobierno sacara bolsa de trabajo para los lucenses parados mayores de 50. años y si estudios pero si con experiencia de haber trabajado 25 añosven una misma empresa y que tengan alguna oportunidad Yo tengo a mi marido en el paro desde hace 3 años y 2 meses y se destruye mi familia poco a poco les rogaria no los olvidaran GRACIAS