Esta mañá comezaban en Lugo as obras para a retirada do dique construído pola empresa Inca no cauce do Río Miño, tal e como ordenou unha orde ditada polo Ministerio de Medio Ambiente ao considerar ilegal o seu emprazamento. Segundo o Concello, o prazo de execución dos traballos prolongaranse durante cinco días, tal e como ordenou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Esta noticia tivo un gran acollemento entre os colectivos ecoloxistas, que viñan demandando a retirada desta infraestrutura. Deste xeito, desde o colectivo Lugo de Cara ao Miño amosan a súa satisfacción porque “finalmente se faga xustiza e se repare a ilegalidade que durante un ano estivo sufrindo un dos espazos naturais máis protexidos e valiosos de todo o municipio”.