Comezan os traballos de adaptación do novo plan de tráfico da Milagrosa

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, informou á veciñanza do barrio da Milagrosa do inicio dos traballos de adaptación do novo Plan de Tráfico. “Segundo o plan de traballo, hoxe procederase ao traslado dos semáforos ás novas ubicacións e nos vindeiros días realizarase o pintado da nova sinalización horizontal e a actualización da vertical”, declarou Alexandre Penas.

O edil de Infraestruturas Urbanas pediu á veciñanza “que circulen con precaución e seguindo as indicacións da sinalización de obra para garantir a seguridade da veciñanza e das traballadoras e traballadores”.

Alexandre Penas, declarou que  “as veciñas e veciños do barrio da Milagrosa desfrutarán dunha reordenación do tráfico que axilizará a fluidez de vehículos e mellorará a circulación da zona”. No proxecto que se está a levar a cabo contémplase o cambio de sentido de varias rúas. “Crearase unha supermazá que una a avenida da Coruña e Yañez Rebolo, permitindo o xiro en sentido horario”, informou Alexandre Penas, que engadiu “ademais permitirase o acceso á praza Agro do Rolo desde a Avenida da Coruña, que actualmente só estaba habilitado de maneira provisional para autobuses”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com