Comezan os traballos de arranxo da estrada que une Cacabelos con Mazoi

O Concello, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, continúa dende hoxe os traballos de rexeneración e mellora das estradas municipais logo de que estes labores quedaran interrompidos a mediados do mes de marzo polo decreto do Estado de Alarma.

Esta mesma mañá daba comezo a execución do asfaltado con aglomerado en quente da estrada que une Cacabelos con Mazoi, nesta mesma parroquia. Unha obra que supón un investimento de 29.000 euros e que será financiada con cargo ao Plan Único da Deputación.

Os traballos consistirán na limpeza das beirarruas e cunetas, no arranxo do firme, asi como na construción de plataformas para a colocación de colectores do lixo.

A esta actuación seguirán, en vindeiras datas, outras xa adxudicadas e que se contemplan tanto dentro do convenio de colaboración provincial como ao abeiro do suplemento de crédito incorporado aos orzamentos do Concello de Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com