Comezan os traballos de plantación de especies vexetais nas zonas peonalizadas de Montevideo e Santo Domingo

Comezaron os traballos, nas zonas peonalizadas do centro histórico, de plantación de árbores e parterres, dentro do proxecto Lugo Corazón Verde, que ten como obxectivo transformar o espazo público nun lugar máis acolledor, funcional e sostible.

Nesta nova fase do proxecto prevese a plantación de 39 árbores de diferentes especies ornamentais, entre elas freixos comúns (Fraxinus excelsior), ciruelos de folla púrpura (Prunus cerasifera ‘Pissardi’), olivos de Bohemia (Eleagnus angustifolia) e un exemplar de ginkgo (Ginkgo biloba), de gran valor ornamental e simbólico, cuxa ubicación definitiva será consensuada coa veciñanza. Ademais, colocaranse 15 parterres con camelias japónicas e outras especies herbáceas ao longo das rúas Montevideo, Bolaño Rivadeneira e Quiroga Ballesteros, así como en puntos destacados como a esquina de Montevideo con Carril das Estantigas ou a rúa Amor Meilán. Todas as plantacións estarán dotadas dun sistema de rega automatizado

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com