Comezan os traballos de reurbanización na contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia

Esta maña comezaron os traballos de reurbanización na contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia.  

Este proxecto servirá para renovar e ampliaciar as beirarrúas nas vías adxacentes ao complexo administrativo e dotará a zona dun novo sistema de alumedado público diseñado baixo criterios de perspectivas de xénero.  Ademais os traballos, cuxo prazo de execución será de tres meses, prevén a instalación dun sistema de tecnoloxía LED de máxima eficiencia enerxética.

Esta rede dará servizo a toda a contorna do complexo administrativo, incluíndo as vías de trásito de vehículos e as zonas peonís.  Así mesmo, estará xestionada por un cadro de mando que permitirá unha adminsitración intelixente dos recursos enerxéticos. En total está previsto instalar un sistema capaz de soportar unha potencia total de  8.215 watios, o que supera as necesidades da nova instalación, permitindo así futuras ampliacións.

De forma complementaria, o Concello aposta pola reposición completa das beirarrúas nas vías adxacentes ao complexo administrativo que, en moitos puntos, serán ampliadas ata un mínimo de 1,8 metros de ancho. Do mesmo xeito, serán instalados novos sumidoiros nas zonas que así o requiran para evitar apozamentos de auga e realizarase unha disposición dos elementos urbanos que permita un uso máis racional do espazo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com