Comezan os traballos de soterramento das liñas eléctricas do polígono do Ceao

Deron comezo os traballos de soterramento das liñas eléctricas de media tensión na rúa da Industria do polígono do Ceao, realizadas por Begasa.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, explicou que  “O soterramento das liñas permitirá mellorar a estética da contorna, ao eliminar os soportes metálicos da mediana, e aumentar a seguridade ao retirarse o cableado”, e engadiu “o soterramento do cableado permitirá tamén maior seguridade aos vehículos de gran tamaño que circulan pola contorna”.

Asemade sinalou que “desde a concellería de Infraestruturas non realizamos directamente esta intervención, senón que nos encargamos de autorizar e supervisala desde os servizos electromecánicos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com