Comezaron as xuntanzas de Lugonovo con colectivos da cidade

Dende hai varios días, membros da candidatura e outros cargos de Lugonovo está a manter encontros con diferentes colectivos do tecido asociativo da cidade, coa intención de escoitar as súas inquedanzas, demandas e propostas para Lugo.

Esta mesma tarde, representantes de Lugonovo tiveron un encontro con representantes do grupo Equo para coñecer de primeira man as propostas deste colectivo.

Asemade onte Cristina Pérez, número 2 da lista de Lugonovo ao Concello e Silvia Pascual, número 14, reuníronse con Ángeles Fernández Núñez e Silvia Penela, de Capaces Lugo, as cales lle fixeron as seguintes propostas: inclusión real en todas as actividades culturais, deportivas, festivas, etc… que ben realiza ou organiza o Concello, pois en moitas delas é posible facelo sen un sobrecoste económico e unha maior formación para as persoas que traballan nas ociotecas, para que sexan capaces de atender da mellor forma posible, aos nenos e nenas con problemas ou discapacidades. Días pasados tamén mantiveron unha xuntanza con representantes da Protectora de Animais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com