A Comisión do Garañón, aplazada ata chegar a acordo na elección da presidencia

A Comisión do Garañón queda posposta ata conseguir unha unanimidade na elección da presidencia e vicepresidencia da Mesa, segundo afirmou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, esta mañá.

A rexedora asegurou que a Comisión quedou posposta polas discrepancias dos grupos á hora de interpretar o regulamento desta mesa polo nomeamento de presidente e vicepresidente e afirmou que se volverá a constituir unha vez que se emita o informe.

Segundo a rexedora, a ordenanza indica que a alcaldesa “é a presidenta das comisións sempre e cando non delegue, e eu xa dixen que non ía delegar”, afirmou Méndez. A esta comisión chegaron tres propostas de presidencia para esta

O Partido Popular presentou unha proposta para dirixir esta mesa que pasaba por poñer a Jaime Castiñeira, voceiro dos populares, como presidente e Carlos Portomeñe, de ACE-EU, como vicepresidente da comisión; o BNG propuxo tamén a Carlos Portomeñe, pero esta vez como Presidente mentras que Iñaki García, de Lugonovo, sería o vicepresidente da proposta nacionalista. A última proposta que se puxo enriba da mesa foi a da alcaldesa, que se propuxo a ela mesma como presidenta, como indica a ordenanza municipal, e o vicevoceiro do Concello, Miguel Fernández, sexa o vicepresidente.

Para o PP, Lara Méndez “bloqueou a celebración desta Comisión” e critican que o faga por “blindarse na presidencia”. O vicevoceiro do Partido Popular, Antonio Ameijide, asegura que a reunión mantida esta mañá “puxo de manifesto a debilidade do goberno local, que é incapaz de lexitimarse á fronte da corporación”.

Pola súa parte, o voceiro do BNG- Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, cualificou de “vergoña antidemocrática” o sucedido na comisión do Garañón, e  dixo que “o obxectivo da comisión era a disputa entre PP e PSOE por conseguir a presidencia e vicepresidencia da comisión”.

O BNG propuxo que fose presidida polo representante da forza menos votada e así a presidencia da comisión recaería en Carlos Portomeñe, representante de ACE-EU, que non tiña representación durante os mandatos nos que se xestou o Garañón.

Para o BNG-AA, “non pode haber representantes do PP nin do PSOE estean ao frente dunha comisión na que ámbalas dúas forzas son parte interesada polas implicacións que tiveron á hora de materializar este desastre urbanísitico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com