A compañía de teatro lucense Microefectos Dramatúrxicos presenta o seu primeiro libro en dúas xornadas

Edicións Laiovento acaba de editar un libro no que se reúnen catorce pezas do colectivo teatral lucense Microefectos Dramatúrxicos. Isto supón un pequeño fito tanto para un proxecto que está a piques de cumprir catro anos de andaina como para a edición de textos teatrais en galego.

O libro foi presentado brevemente na última sesión de Microefectos no Club Clavicémbalo e agora vai ser presentado oficialmente en Libraría Gato Neghro (rúa San Roque, 32) o mércores 22, ás 20:30 horas eao día seguinte ás 20.00 horas, na Librería Trama (avda. Coruña, 21). Nestas dúas presentacións contarase con membros do colectivo e haberá sorpresas variadas para os asistentes.

Segundo indica a editorial, nas páxinas do libro pódense atopar dende persoaxes reais que semellan inventados ata divertidas distopías ademáis de temáticas tan variadas como ás que esta agrupación teatral nos ten acostumados: amor, loita, soidade, enfermidade, morte, vellez, violencia…

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com