A Academia de Enfermería de Galicia diante da situación xerada polo COVID-19 quere recoñecer e honrar o traballo que está a desenvolver o colectivo de Enfermaría e o resto de profesionais da sanidade galega en tódolos seus ámbitos, situados en primeira liña na loita contra do virus, dando mostras dunha entrega e profesionalidade dignas de eloxio, nunhas condicións difíciles.
Un recoñecemento que se suma ás mostras de agradecemento espontáneas recibidas da sociedade galega en forma de aplausos e que reconfortan nestes momentos de inquietude e incerteza. Non deixamos de recoñecer a vez, a importante labor doutros profesionais e colectivos, tanto da nosa comunidade como no resto do Estado e mesmo doutros a nivel mundial. Esperamos que esta experiencia nos serva para saír fortalecidos e recoñecer a importancia da unidade universal, como usufrutuarios que somos dun mesmo planeta
A Academia recomenda cumprir coas indicacións de carácter científico – técnico sanitario formuladas polas autoridades competentes e á vez evitar a propagación de informacións non contrastadas procedentes de canles non oficiais.
ACADEMIA DE ENFERMARÍA DE GALICIA.