Comunicado da Asociación Si, hai saída en relación á presunta agresión sexual dunha menor en Lugo

A asociación Si, hai saída manifesta a súa postura en relación coa agresión sexual presuntamente acontecida en Lugo.

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, en relación coa agresión sexual da que, presuntamente, foi vítima unha menor na nosa cidade o pasado día 1 de Xaneiro, manifestamos o seguinte:

Como non podería ser doutro xeito, desde o noso colectivo condeamos enérxicamente calquera acto de violencia sobre as mulleres, o que inclúe, obviamente, os de índole sexual, máxime cando se trata, coma neste caso, dunha menor, e esiximos, por parte da xustiza, que esta sexa exercida con toda contundencia sobre quen os comete.

 Non obstante, despois de escoitar e ler moitas das reaccións xurdidas cando a noticia desta presunta agresión trascendeu a opinión pública, non podemos por menos que alertar doutro grave problema: O xuizo paralelo levado a cabo por unha gran parte da sociedade, e as reaccións, algunhas mais que alarmantes, que claman esixindo medidas que soamente se poderían cualificar de salvaxes e violentas.

 Nunca a violencia se vai erradicar, nin paliar, alentando ou exercendo actos ainda mais violentos contra quen a comete, iso por unha banda.

Pola outra, ningún de nos debería ter a ousadía de erixirse en xuiz, e menos ainda ante actos tan graves que esixen a máxima prudencia, e actuar do xeito contrario pode chegar a causar males ainda maiores, e mais dor, principalmente a propia vítima, ademais, en moitos casos, de entorpecer a labor daqueles encargados da investigación e esclarecemento dos feitos.

 Deixemos que a Policía primeiro, e a xustiza despois, fagan o seu traballo, e se, lamentablemente, unha vez feito, non é o correcto, será o momento de esixir solucións, pero sempre de xeito civilizado, coherente, e como marca a lei, algo que, polo momento, e ata onde sabemos,  non procede, xa que entendemos que  as actuacións levadas ata o momento son correctas e as que proceden.

O contrario, non soamente non axuda a auténtica loita contra a violencia de xénero, se non que é un elemento mais que axuda a fomentala.

Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com