A Deputada Provincial, Pilar García Porto, declarou esta maña que logo de que fora coñecida polos medios de comunicación a información que transcende ao respecto do sumario da Operación Pulpo, dende a Deputación de Lugo queren comunicar :
“Que se ratifíca que ningunha das viaxes que a Deputación de Lugo subvencionou a funcionarios e fillos de funcionarios corresponden ao Goberno progresista, senón ao Goberno do PP. Ademais Demóstrase que era público o “Acordo Marco Único para o persoal funcionario da Deputación de Lugo” e o “Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Deputación de Lugo”, onde figuran as axudas do Fondo Social para traballadores desta institución, avaladas pola Lei, ademais de modificacións nas mesmas.
Non deixa de sorprender que unhas dilixencias, iniciadas no 2013 por unha denuncia da voceira do PP, Elena Candia, que dixo atopar debaixo dunha porta, sobre un presunto caso de acoso laboral entre traballadores dun departamento; derivase nesta investigación xeral. Tamén sorprende que outro anónimo fóra recibido por axentes o 11 de novembro de 2014 e dez días despois se realizase un resistro na Deputación de Lugo.
Unha vez máis, dende a Deputación de Lugo queremos avalar a legalidade do Km0, que está sometido a rigorosos controis, todos eles superados con nota: as auditorías externas e controis do Ministerio de Administracións Públicas sobre a xestión de Fondos Europeos; ou os controis do Tribunal de Contas e do Consello de Contas sobre as contas e os contratos realizados no marco do Km0.
Por utlimo non deixa de sorprender que, a través doutro anómimo máis, se investigue a oposición da praza de xornalismo, cuxo proceso se axustou, escrupulosamente, á legalidade”.