Comunicado da Federación de Veciños de Lugo

Os galegos vivimos estes días, por mor da vaga de lumes, unha situación que nin os máis maiores lembran. Como se dixo en distintas ocasións, e través de distintas canles de comunicación, Galicia non ardeu, a Galicia queimáronnola.

 Aproveitouse a situación meteorolóxica para destruír o noso patrimonio natural, provocar importantes danos materiais e, o que é máis grave, levarse por diante vidas humanas.

Foi, sen lugar a dúbidas, un feito sen precedentes. O furacán Ophelia alcanzaba forza 3 e achegábase ás costas atlánticas peninsulares, ocasionando fortes rachas de vento que azoutaron a Comunidade a pasada fin de semana; circunstancias que moito teñen que ver coa rápida expansión dos lumes e ás que hai que engadir temperaturas inusualmente altas e unha falla de humidade que fixeron o cóctel perfecto para o incendio perfecto.

Foron horas moi complicadas e de moita tensión, nas que os equipos de extinción fixeron un traballo extraordinario, pois estas condicións adversas provocaron que os lumes fosen moi difíciles de extinguir.

 Por tanto, a orixe desta vaga de lumes non foi a falla de prevención, senón a actividade incendiaria. Non hai máis que ver que os incendios non ocorreron só en zonas de monte, senón tamén en zonas urbanas e cerca de vivendas, como foi o caso dos lumes de Vigo.

Todo apunta a que foron provocados, tanto en Galicia como en Asturias, cun impacto brutal, ocasionando un auténtico terrorismo ambiental que atenta contra o noso patrimonio, e que debe ser perseguido.

Neste senso, dende a Federación de Veciños queremos recoñecer a profesionalidade e a valentía coa que actuaron os axentes implicados na extinción, así como ao do pobo galego que demostrou ser exemplar cunha unión e solidariedade excepcionais. Todos eles son uns heroes. Estiveron cos afectados, arrouparon ás familias da vítimas e traballaron para frear un peor desenlace.

Consideramos tamén que a resposta da Xunta de Galicia foi exemplar para atallar a voracidade das lapas e para evitar un mal maior, como tamén o foi a posteriori, arbitrando nun tempo récord un paquete de axudas directas destinadas aos danos provocados, unha vez que os galegos xa non corríamos risco ningún.

 Para rematar, dende a Federación de Asociacións de veciños queremos rexeitar enerxicamente este tipo de prácticas delictivas, agardando que unha situación deste calibre non volva a producirse, e que a normalidade chegue canto antes a todas as aldeas, lugares e persoas afectadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com