Dende a Fapacel queremos denunciar a falta de predisposición que mostra a Administración á hora de coñecer a problemática educativa dos centros da provincia, e moito menos de tentar solventalos.
No ano 2009 os sindicatos e a Xunta asinaron unhos acordos, polos cales sepoderían agrupar varios cursos nunha mesma aula se se cumplian os seguintes ratios:
.-Grupos dun mesmo ciclo, grupo menor a 14 alumnos
.-Grupos de varios ciclos, grupo menos a 12 alumnos
.-Grupo de toda primaria , grupo de 10 alumnos.
Este ano voltaron a negociar, e ademais de ratificar o acordo xa asinado, baixouse oratio de 25 a 20 alumnos por aula en educación infantil e primaria e de 30 a 25 en secundaria.
Ademais de que o alumnado dunha discapacidade maior ó 33% contará coma 2 e cun grado de discapacidade maior a ó 65% ou un grado de dependencia de II ou III, coma 3.
A realidade é que, dende o 2009, nunca se respectou este acordo, e cando as familias pediron o seu cumprimento a resposta por parte da inspección foi que “ os acordos non son vinculantes , non teñen rango de lei”.
8 centros da provincia de Lugo estanse vendo prexudicados por este incumprimento, tanto de ratios coma de agrupamentos, concretamente o Ceip Pl. Virxe do Carme de Sober, Ceip A Fonsagrada, o Ceip castro de Ouro de Alfoz, o Ceip San Clodio de Ribas de Sil, o Ceip das Mercedes de Lugo, Ceip Rosalía de Castro de Bóveda, o Ceip Ramón Falcón de Castro de Rei e o Ceip Pl. Monte Baliño de Pantón.
As nosas socias, as familias destes centros séntense desprotexidas á hora de ofreces ás súas fillas e fillos unha educación de calidade.
A inmensa maioría son centros situados en núcleos rurais, os cales sempre contan cun mínimo de recursos para o alumnado e reléganos a ser nenas e nenos de segunda.
Dende Fapacel exiximos unha educación de calidade para as nenas e nenos do rural, na cal TODAS E TODOS , teñan as mesmas oportunidades, recursos e dereitos que o resto do alumnos. Porque…se non se van cumprir estes acordos, para que se asinaron? Hai algún que ve factible que nunha mesma aula haxa 18 alumnos de diferentes cursos e con casos de necesidades especiais? Por que se fixaron estes ratios se despois non se levan a cabo ? E qué hai do alumnado conNEE ou NEAE, non teñen dereito a seren atendidos debidamente, sen ser relegados ao fondo da aula por falta de recursos?
Todas estas inquedanzas foron as que motivaron á Federación a pedir unha xuntanza coa Xefatura Territorial para poñer sobre a mesa estes casos e poder, entre todos, atopar unha solución. A resposta “colaboradora” que recibimos por parte da Xefatura tras varios días sen obter resposta foi que “a xefa territorial ten moito traballo, coñecen a nosa solicitude de reunión, así que non chamemos máis e que agardemos a que nos chamen”.
Dende as Anpas representantes das familias afectadas e dende a propia Fapacel, consideramos inaceptable este tipo de comportamento e predisposición. Que ten que facer a Xefatura Territorial máis importante que tentar resolver e responder ás inquedanzas das familias?
Somos unha Federación con 102 Anpas asociadas, as cales depositan en nós a súa confianza. Miles de familias con problemáticas diversas, pero cun obxectivo común: que se respecte o dereito das súas fillas e fillos a ter unha educación de calidade, sen discriminación, apoiando o ensino( independentemente se con esa medida sebeneficia a 10 ou a 1000), permitindo que o alumnado do rural se poida beneficiar dos recursos que , por dereito, lle pertencen. Por que só así poderemos rexoubar do noso ensino, independentemente de propaganda electoral de cada partido político.
A Directiva da Fapacel